Sanidade, ensino, dependencia, transición enerxéƟca e tecnolóxica, vivenda, transporte..... desaparecidos da axenda do Partido Popular

O BNG DENUNCIA QUE A XUNTA É UN GOBERNO AUTÓMATA SEN SOLUCIÓNS PARA OS GRANDES PROBLEMAS SOCIAIS

Mon Fernández, Pilar Lozano e X.M. Golpe

O BNG presentou hoxe aos medios a súa valoración dos orzamentos da Xunta de
Galiza para o vindeiro ano 2026. Uns orzamentos que aumentan menos que a
inflación, polo que en termos reais significan menos diñeiro para os servizos públicos
ou para invesƟmentos.
A responsábel comarcal, Pilar Lozano, compareceu xunto cos deputados no
Parlamento Galego Mon Fernández e Xosé Manuel Golpe para debullar os
orzamentos e constatar que os grandes problemas da nosa sociedade fican á marxe
da axenda de prioridades do ParƟdo Popular: sanidade, ensino, dependencia,
transición enerxéƟca ou tecnolóxica, vivenda e transporte, manteñen no mellor dos
casos o nivel de invesƟmentos nun orzamento totalmente conƟnuísta que afondará
nos déficits acumulados durante estes 16 anos de goberno do PP.
Os portavoces nacionalistas puxeron como exemplo do abandono da Xunta a
crecente confliƟvidade social en ámbitos como o ensino, con 3 xornadas de folga no
inicio do curso escolar, as folgas do persoal do SAF e da Residencias privadas de
maiores, ou o anuncio dunha folga por parte do persoal que traballa nos sectores de
escolas infanơs, menores e discapacidade. Conflitos que teñen un denominador
común, máis aló das lexíƟmas reivindicacións salariais, nas demandas de melloras na
prestación do servizo.
Unha atención primaria que colapsou nos meses de verán, demoras insoportábeis
na dependencia, falta de prazas e prezos inasumíbeis nas residencias, atención á
discapacidade en mans de enƟdades privadas sen capacidade de manobrar,
transporte desbordado, alumnado con necesidades especiais desatendido... en
definiƟva, uns servizos públicos en franco retroceso.

O deputado Mon Fernández chamou a atención tamén sobre a falta de impulso
industrial da Xunta de Galiza, e puxo como exemplo a negaƟva á consƟtuír en Ferrol
un centro tecnolóxico da construción naval e das tecnoloxías maríƟmas, un centro
de referencia para todo o sector naval galego.
Mais se hai un exemplo hoxe na Galiza do abandono industrial por parte da Xunta
ese é o Concello das Pontes. O deputado X. M. Golpe denunciou a negaƟva do
ParƟdo Popular a promover un plan para a reindustrialización do Concello
semellante ao que funcionara durante o peche da mina. Na actualidade, o peche da
central térmica e máis de EINSA, outra empresa senlleira do Concello, raƟfican que
sempre que o ParƟdo Popular xesƟona unha crise remata transformándose nunha
auténƟca catástrofe.
A responsábel comarcal adiantou a presentación de emendas por parte do BNG a
estes orzamentos da Xunta que nacen sen ambición e sen futuro, “nós queremos un
goberno galego implicado cos servizos públicos, co impulso industrial, co transporte
e coas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, e vamos traballar para iso”, rematou.