O BNG Consegue no congreso que o goberno manteña a posiblidade da concesión de Ben Cultural para o Muíño das Aceñas despois de rexistrar a petición en xaneiro a través do deputado Néstor Rego.

Mon Fernández, Olaia Ledo e Néstor Rego

O BNG de Narón leva meses cunha campaña para a rehabilitación do muíño das Aceñas en estado ruinoso hoxe. Despois de aprobar unha moción municipal por iniciativa do bloque e crearse unha comisión, preguntaron no congreso para que se cumplira o acordo do 2010 do goberno do estado para a adquisición pública e rehabilitación. A resposta parécelles claramente insuficiente.

“O patrimoino de Narón é importante para poñer en valor a xente que vivimos aquí” afirma Olaia Ledo, voceira municipal do BNG de Narón ante a resposta do Ministerio na que din claramente que agora non é para eles unha prioridade a adquisición do Muíño. Isto vai en contra do aprobado en 2010, ano no que o PSOE estaba no goberno do estado, no que aprobaron a catalogación de “interese xeral” do edificio e a súa adquisición.

O BNG de Narón iniciara unha campaña hai meses para a recuperación do inmoble onde limparon voluminosos da ría, reclamaron melloras nas rutas de sendeirismo e fixeron fincapé a través do deputado galego Mon Fernández para que o concello, como administración máis cercana, solucionase a situación do Muíño das Aceñas “preocúpanos o desleixo ou a mera propaganda sen resultados arredor do muíño por iso incidimos nunha resposta por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica despois de que o BNG de Narón nos expuxera os motivos máis que suficientes . Preocúpanos que o Ministerio non teña como prioridade un muíño que leva tras de si a historia do Ferrol da ilustración e de toda unha comarca. Preocúpanos pero non nos sorprende ante tantas promesas incumpridas con Galiza” declara Néstor Rego, deputado no congreso polo bloque nacionalista galego. 

O BNG denuncia así, un novo desleixo cara Ferrolterra por un PSOE incapaz de dar solucións a unha comarca que precisa de incentivos e investimentos.

“Polo muíño das Aceñas pasa o camiño prerrománico de Santo André de Teixido ou o camiño inglés, ademais é unha peza única e unha mostra de arqueoloxía industrial. En Narón na actualidade non contamos con ningún museo sendo a octava poboación deste país e por iso reclamamos solucións e seguiremos ata conseguilas. Sorpréndenos que gobernando o partido socialista en narón non esxan quen de conseguir nada pero xa anunciamos que a onde non chegue o concello estará o BNG e hoxe só atopamos unha foto da alcaldesa nunha reunión sen avances porque xa nos responderan desde o goberno do estado. A propaganda non mellora Narón, só os feitos” indica Ledo