O BNG consegue acordo do Parlamento Galego demandando a adxudicación e inicio nos estaleiros da ría dos traballos de transformación do buque “Galicia”
A Comisión de Industria do Parlamento Galego vén de aprobar hoxe coa abstención do PSOE- a iniciativa do BNG demandando a adxudicación e inicio nos estaleiros da ría dos traballos de transformación do buque “Galicia”. O deputado do BNG. “Mon” Fernández asegurou na súa intervención que “as obras de transformación do buque poderían representar 8 meses de traballo, máis de 200.000 horas de traballo efectivo, fundamentalmente para o departamento de carenas, en áreas como aceiros, pintura, ou habilitación”, lembrando que esta obra foi “planificada e orzamentada desde o departamento de Carenas Ferrol, mais logo reclamada -de xeito máis ou menos explícito- desde a bahía de Cádiz e mesmo desde Cartaxena”
O deputado do BNG lembrou que esta iniciativa xurdíu “ao fío do chamamento realizado desde a CIG de Navantia para que as forzas políticas e sociais comarcais e galegas demanden con contundencia a adxudicación e iniciación inmediata de estas obras ao centro de Navantia Ría de Ferrol”; insistindo na importancia que a execución destas obras terían “para paliar a perda de postos de traballo que nos últimos meses chega ás 2.000 persoas”