O novo goberno liderado polo BNG iniciará os trámites para esta integración

O BNG se compromete en ASFEDRO a integración na rede sanitaria pública dos dispositivos de atención ás drogodependencias

VISITA A ASFEDRO
Nun encontro coa entidade ASFEDRO avaliaron o futuro desta entidade e defendeu a necesidade da Integración na rede sanitaria pública dos dispositivos de atención ás drogodependencias, coa estabilización do persoal e a dotación orzamentaria necesaria.

Ferrol 9 de febreiro de 2024. Mon Fernández, candidato comarcal do BNG ao Parlamento Galego, mantivo esta maña un encontro coa entidade ASFEDRO no que avaliaron o futuro desta entidade e diante da que defendeu a necesidade da Integración na rede sanitaria pública dos dispositivos de atención ás drogodependencias, coa estabilización do persoal e a dotación orzamentaria necesaria.

Mon Fernández, candidato do BNG, coincidiu coa directiva de ASFEDRO que o tratamento deste tipo de condutas aditivas deben ser tratadas desde a sanidade pública e lembrou que a día de hoxe son tratadas desde centros dependentes de ongs como é o caso de Asfedro ou outros centros dependentes de entidades locais estando estas últimas entidades en proceso de integración na rede pública.

Mon Fernández criticou que o Partido Popular e a consellería de Sanidade non cumpriran os compromisos adquiridos con Asfedro para iniciar os trámites para a súa integración na sanidade pública ni tan sequer explorar as váis nas que se puidera materializar esta medida.

Mon Fernández quixo recoller a chamada de atención da directiva de Asfedro e a necesidade de que esta patoloxía sexa tratada como calquera outra e para iso se comprometeu a que esta demanda sexa abordada no goberno da Xunta da man do BNG.

O BNG quere lembrar o inxente traballo que desenvolve Asfedro, unha entidade que atende a mais de 2000 persoas, pese as dificultades que enfronta todos os días como o estado das súas instalacións, ou contar desde o 2014 co mesmo orzamento para atender, entre outras, unha comunidade terapeútica que conta con lista de agarda e con problemas mesmo para contratar persoal sanitario como por exemplo psiquiatras ou enfermeiras/os.