Denunciar o xenocidio en Palestina e o réxime de ocupación israelí non é un delito, é un mínimo democrático

O BNG amosa a súa solidariedade con Bruno Lopes denunciado por defender a causa palestina

Bruno Lopes

Ferrolterra 8 de xaneiro de 2026. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrolterra quere amosar todo o seu apoio ao noso compañeiro Bruno Lopes Teixeiro diante da acusación que pesa contra el por expresar a súa solidariedade co pobo Palestino e denunciar o xenocidio que contra esta a cometer o Estado de Israel.

Dende a Executiva Comarcal do BNG en Ferrolterra, Pilar Lozano, portavoz comarcal do BNG, quere trasladarlle a Bruno a solidariedade do conxunto da nosa organización xa que o BNG considera que estamos diante dunha persecución política e unha montaxe policial por parte da Garda Civil. Denunciar o xenocidio en Palestina e o réxime de ocupación israelí non é un delito, é un mínimo democrático.

O BNG considera que este feito vense a sumar a continua persecución de persoas que están a manifestar pacificamente o seu apoio a Palestina, como aconteceu nas etapas de volta ciclista a España no noso país.


O BNG reclama que se arquive inmediatamente esta acusación inxustificada feita de oficio pola Brigada de Información da Guardia Civil, que confunde deliberadamente o anti-sionismo con anti-semitismo e representa máis unha tentativa de cortar a liberdade de expresión de activistas e militantes sociais.